Durante este 2012 se conmemora o centenario do finamento do autor e a mostra centrase nel e no universo que arrodea a súa máis célebre creación literaria.
Poderanse ver, aparte da numerosa bibliografía que existe, carteis, banda deseñada, obras de arte, películas e tamén haberá un ciclo de conferencias e un de música.
E como non, un dos Conde Drácula máis famosos e o noso queridísimo Christopher Lee ou tamén coñecido por todos nós como Francisco Scaramanga.
Naceu en Londres o 27 de maio de1922. A súa nai casou, por segunda vez, cun banqueiro que era tío do escritor Ian Fleming. En 1948 debuta no cine co outro pai cinematográfico de James Bond: Terence Young. Consagrouse sempre con papeis de malvados e xa apuntaba a vilán de 007 facendo de Fu-Manchu, un inimigo con aspiracións de dominar o mundo.
Máis información:
Comentarios