Festexos Octopussy.

Exposicións, colplayers, romarías, pases da película,... los Archivos de Srangways está preparando os festexos para celebrares o aniversario da estrea, este mesmo mes de xuño, do film Octopussy (1983) xa hai trinta anos.

Cartace oficial do convite.
 O día grande será o domingo 23 de xuño, vesperas de San Xoán, noite de meigas e cacharelas. Os festexos comezará ás 20:07h cunha cea ó aire libre no que no que non faltarán sardiñas con pan de millo, pementos de Padrón, churrasco, ensaladas e, coma non, non faltará o tradicional polbo a feira e o'esparabel (a grella). Xa de madrugada, sobor das 0:07h, prendido da cacharela e os saltos tradicionais. Logo non faltará café de pota acompañado dunha queimada e licores de augardente.


Noite de San Xoán que non me trabe nin cobra nin can. Dito popular.


Paralelamente faremos unha exposición monográfica e pases da película durante eses días conmemorando o aniversario. Seguiremos informando.

Comentarios