sábado, 29 de junio de 2013

Andrés Bellas: axitado, non remexido.

Andrés Bellas, presidente de la Asociación de Profesionais da Rama da Dobraxe Galega (APRADOGA), única organización profesional do sector en Galicia é a voz habitual en galego de  Pierce Brosnan.

Poderémolo ver, xunto a Luis Iglesia,  José Antonio Rubal, Charo Pena e Ana Lemos, o venres 5 de xullo ás 19:00 h. no auditorio ARAO e o sábado 6 ás 16:00 h.como parte do Xurado do Certame de Doblaxe na sala de charlas e conferencias Azimut na Hoobbycon en A Coruña.

 http://social.hobbycon.es/topic/599-invitados-profesionales-del-doblaje-en-gallego/?p=6382

Algúns membros de APRADOGA o dia da presentación da asociación en Vigo o 28 de Xuño de 2006.

 Na asociación APRADOGA integránse profesionais da dobraxe con experiencia e dedicación a esta actividade. Os seus membros son ademais, traballadores concienciados sobre os diferentes problemas que afectan o entorno laboral onde se desenvolve a súa ocupación: amosan un respecto absoluto e irrenunciable pola legalidade vixente no sector. Desde APRADOGA pretendenden promover cantas actividades contribúan a mellorar a súa cualificación como profesionais, xa que estan determinados a conseguir un futuro dentro da profesión e a ter unha profesión con futuro. Para levar adiante esta arela, impulsarán a consecución do recoñecemento como colectivo profesional que cumpre unha función social prioritaria, xa que unha dobraxe de calidade contribúe de xeito imprescindible á defensa, apoio e normalización do idioma galego.

http://apradoga.org/home/
 

Publicar un comentario