Nota de prensa.

De seguido publicamos a nota de prensa que se lles  mandou por correo electrónico ós medios de comunicación locais por mor da exposición do mes de xuño.


Do 15 ó 30 de xuño de 2012 no 2º andar da  Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago de Compostela celebrarase a exposición sobre o 25 aniversario do filme de James Bond 007: Alta Tensión co título The Living Daylights Silver Anniversary. Esta exposición será a previa da que se realice en novembro para conmemorar o 50 aniversario da franquicia cinematográfica de James Bond que tamén coincidirá coa estrea nos cinemas do 23º película oficial: Skyfall protagonizada por Daniel Craig e o oscarizado actor español Javier Bardem.
Esta primeira exposición recollerá diverso material de coleccionismo como: libros, comics, películas, música, xogos, réplicas de obxectos usados na película, atiluxios “Q”,… e curiosidades sobre o mundo que arodea ó axente seccreto máis famoso do mundo.
Esta exposición está feita por fans e para fans ou curiosos do axente británico do MI6. Non ten máis finalidade que a de entreter, feita con ilusión e traballo.
Esperamos que vos guste...e estades todos invitados.

Para máis información:


Comentarios